Friday 03 de May de 2024

Premiados os mellores xardíns do municipio


Tamén se premiou o coidado de espazos públicos
Santa Uxía de Riveira, 11 de setembro de 2018. – O salón de plenos do Concello de Riveira acolleu este mediodía a entrega de galardóns aos xardíns mellor engalanados das diferentes parroquias que conforman o municipio. Ademais, fixéronse dúas mencións especiais a veciños que contribúen ao coidado de espazos públicos.
Foi o alcalde Manuel Ruiz, xunto coa concelleira de parques e xardíns, Elvira Pereira, e a presidenta de Amas de Casa de Riveira, Puri Cores, quen recibiu a estes veciños, nun evento que serviu tamén para agradecer o seu labor á hora de axudar a embelecer o entorno do municipio nun acto de cooperativismo cos empregados municipais, que moitas veces teñen dificultades para abarcar tanto traballo.
Os responsables dos mellores xardíns foron Mari Carmen Bravo Bua (Santa Uxía), Josefa Álvarez Fernández (Aguiño), Juana Doce Argibay (Castiñeiras), Pilar Martínez Argibay (Palmeira), Juana Silva García (Carreira), Juan Blanco González (Olveira), Ana Figueiras González (Oleiros), Ramona Muñiz Vidal (Artes) e Julia Pego Lustres (Corrubedo)
No caso das mencións especiais, polo coidado de espazos públicos, recaeron en María Fernández Martínez, polo coidado das xardineiras no lugar de Vixán, e en Carmen Mariño Santos e Benito Sampedro Lampón, pola súa contribución na mellora do xardín do cruceiro no lugar de Espiñeirido.
Ao finalizar o acto, realizouse a tradicional foto de familia.